Saltar ao contido
>

A Deputación destina máis de 1,7 M€ a subvencións culturais para entidades sen ánimo de lucro en 2027 

A Deputación destina máis de 1,7 M€ a subvencións culturais para entidades sen ánimo de lucro en 2027 

  • As asociacións e fundacións culturais da provincia poderán solicitar axudas para o desenvolvemento de actividades e para a realización de actividades e investimentos culturais desde o 20 de novembro ata o 18 de decembro. 
  • A Coruña, 9 de novembro de 2026. A Deputación da Coruña ven de convocar dous programas de subvencións dirixidos a entidades culturais sen fins de lucro da provincia para o ano 2027, sumando un investimento total de 1.725.000 euros. Estas axudas, publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, buscan fortalecer a liña de apoio ao tecido asociativo e promover a dinamización cultural nos municipios coruñeses. 

A primeira liña de subvencións conta con un orzamento de 1.200.000 euros destinados ao apoio e desenvolvemento de proxectos e actividades culturais por parte de entidades culturais, veciñais, pedagóxicas e asistenciais. As contías asignadas para estes proxectos oscilarán entre un mínimo de 3.000 euros e un máximo de 30.000 euros por entidade. 

A segunda liña de axudas dispón dunha partida de 525.000 euros dirixida á realización de investimentos necesarios para o desenvolvemento de proxectos culturais na provincia. A esta convocatoria poderán concorrer asociacións, entidades representativas do sector, fundacións e titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con contías que irán desde os 3.000 ata os 15.000 euros. 

A deputada de Cultura, Natividade González, salientou a relevancia destas convocatorias para “manter vivo o tecido asociativo da provincia”. “Con estes máis de 1,7 millóns de euros non facemos máis que confirmar o compromiso da Deputación coa cultura de base, garantindo que as asociacións e entidades locais contan co orzamento e cos recursos necesarios para seguir desenvolvendo a súa actividade e enriquecendo a vida cultural do noso territorio”, sinalou a deputada. 

O prazo para a presentación de solicitudes abrirase ás 08:00 horas do vindeiro 20 de novembro de 2026 e permanecerá activo ata as 14:00 horas do 18 de decembro de 2026. Toda a tramitación farase obrigatoriamente por vía telemática mediante a plataforma SUBTEL, accesible a través da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.    

Compartir

Novas destacadas

A Deputación destina máis de 1,7 M€ a subvencións culturais para entidades sen ánimo de lucro en 2027 

A Deputación participa na entrega do premio a Ancoraxe e Morraoconto, gañadores do V Certame Manuel María de Proxectos Teatrais 

A Deputación  acompaña a Cineuropa na inauguración da súa 40ª edición, que converte Santiago nun punto de encontro do mellor cinema internacional