Cultura para a vida mellor
Cultura para a vida mellor
A cultura é relación, coñecemento, construción de civismo e de xeitos de estar na vida e no mundo. Unha ferramenta de formación e transformación para a vida mellor.
Que é Cultura para a vida mellor
Cultura para a vida mellor é unha liña de traballo da Área de Cultura da Deputación da Coruña orientada a recoñecer e apoiar proxectos e entidades que, desde a cultura, traballan e contribúen á mellora social.
Desenvólvese a partir dun certame anual dirixido a cooperativas, empresas e entidades lucrativas que desenvolven proxectos culturais con enfoque social. Compleméntase con encontros de traballo con axentes no territorio e cunha liña de publicacións que divulga as iniciativas e as reflexións teóricas ao redor da acción cultural como ferramenta de transformación.