Saltar ao contido
>

A Deputación convoca o XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil

A Deputación convoca o XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil

A Deputación da Coruña vén de convocar o XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, un certame coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e pequenas e facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela.

Dotado con 6.500 para a obra gañadora, poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores e que presenten narracións en lingua galega inéditas, non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial. O prazo de entrega de orixinais darase a coñecer nos vindeiros días.

Das 43 aspirantes presentadas, “Que se me pare o corazón se te esquezo”, da escritora Andrea Maceiras, foi a premiada en 2021, unha edición moi especial pois serviu de homenaxe a unha das figuras máis importantes da literatura galega contemporánea, Agustín Fernández Paz, gañador en 1998 do primeiro Raíña Lupa. Desde entón sumáronse á nómina de vencedores nomes como os de Xosé A. Neira Cruz (2002), Marcos Calveiro (2010) ou Marilar Alexandre (2017).

As bases están publicadas no Boletín oficial da Provincia do 21 marzo e tamén poden consultarse ou descargarse no seguinte enderezo: https://bit.ly/3ItiYZd

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’