Saltar ao contido
>

A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro

A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro

A área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo baseado na obra de Manoel Antonio. Terá lugar o luns 21 ás 20:30 no Teatro Colón baixo o título ‘Máis Alálá’ e correrá a cargo do músico Alejandro Vargas e do escritor e performer Xelís de Toro. A entrada para asistir a este espectáculo é de balde, previa retirada de convite na páxina web do Teatro Colón.

‘Máis Alálá’ está concibido como un proxecto poético sonoro performático inspirado no poemario ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio e o título é unha recreación do título do manifiesto literario ‘Máis Alá’ que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro en 1922.

Partindo dos 19 poemas do libro ‘De catro a catro’ os artistas crean un sinxelo programa informático para transpoñer as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e cun banco de notas musicales nos que o azar forma parte da proposta escénica.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’