Saltar ao contido
>

A Deputación apoia con 225.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia

A Deputación apoia con 225.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia

A Deputación da Coruña apoia con 225.000 euros ao Auditorio de Galicia de Santiago e Compostela para o financiamento da súa programación de actividades durante o ano 2022.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a concelleira de Cultura do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.

A Deputación apoia así a programación de actividades con 225.000 euros, un 77,47% do orzamento total que o Auditorio dispón para este fin, que ascende a 290.418,20 euros, e que inclúe ao longo do presente ano unha ampla programación de concertos de música clásica e vangardista, xornadas de ilustración e música contemporánea, o ciclo de Lied, a mostra ‘Deber de Baltar. Medicina e compromiso’, o Festival C, a semana do patrimonio invisible ou o apoio ás compañías de artes escénicas e de movemento.

Formoso destacou a “gran labor cultural que desenvolve o Auditorio cunha ampla programación de concertos, actividades didácticas e culturais e exposicións para todos os públicos, que ten unha importante difusión alén do propio termo municipal de Santiago de Compostela”.

Pola súa banda, Mercedes Rosón agradeceu a colaboración económica da Deputación “para facer posible unha importante programación cultural que é atractiva, diversa e de calidade e que ten o obxectivo de situar Compostela como núcleo de formación e ocio da provincia”.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’