
Eva Comesaña
Sinopse
“Hiranya” presentase como un dispositivo escénico que combina ciencia ficción con arte contemporánea, onde danza, intelixencia artificial , música, creación visual, escenografía e iluminación se aúnan para reflexionar sobre o mainstream, a cultura pop, o fanatismo e a espiritualidade dende unha perspectiva milenial; onde a linguaxe coreográfica dialoga estreitamente coa música experimental e urbana, xerando un marco estético híbrido, capaz de por en tensión as categorías de culto, do popular e das novas tecnoloxías.
Reflexiona sobre os avances tecnolóxicos e seu papel no cotián, nas relacións sociais, nos gustos da xente e como é o sentimento de pertenza dunha sociedade marcada pola cultura dixital, as pantallas e o fenómeno fan.
Ficha artística
- Dirección artística: Eva Comesaña
- Bailarina e intérprete: Eva Comesaña
- Composición e producción sonora: Marcos Alonso
- Artistas visuais: ISEEFACES
- Escenografía: As Dúas e Punto
- Vestiario: Petra Iglesias
- Deseño da interacción: Macarena Palacios
Espectáculo seleccionado para as residencias artísticas de Escora 2026 na Casa de Cultura de Vimianzo, en colaboración coa concellería de cultura do Concello de Vimianzo.
Proxecto enmarcado dentro do Programa Tapete Común de Casas de Creación entre A Casa Vella e o espazo Eima Creació. Proxecto apoiado polo INAEM a través das axudas á danza, á lírica e á música 2025. Actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura.
Sobre o artista
Eva Comesaña, bailarina e creadora viguesa. Entra en contacto coa arte a través das danzas urbanas, máis concretamente co Hip Hop e todo o movemento artístico que o rodea. Pronto chega a danza contemporánea á súa vida para quedarse, fórmase con diferentes mestres e en 2023-24 fai o programa de formación profesional en danza contemporánea, Oficina Zero en O Porto.
Ten varias creación propias coma o solo “TerraFIRME”, oda dancística ás ancestras que traballaron mar e terra; estivo en residencia na Casa do Alto en Camelle e o presentou na 1º edición do Festival Escora. O seu último traballo “Perder a lingua” obtivo a axuda a nova creación da Xunta de Galicia en 2024.
Sempre atravesada polo territorio e o que nel acontece para porlle corpo e movemento, en compañía doutras artistas para crear. Adicase tamén á xestión cultural comezando co colectivo feminista de artistas 85C e actualmente forma parte dos proxectos Teatro Gorrilla e Macarena War.
Marcos Alonso, productor musical, creador audiovisual, mediador intercultural na Asociación Galega de Adopción e Acollemento Manaia, tatuador e grafiteiro madrileño. A súa carreira profesional comeza en 2009 formando o seu propio grupo de rap H.Ilimitados, xunto ao poeta Pablo Urizal con quen leva 5 álbumes publicados. Dende fai 5 anos ten o seu propio estudo onde produce a diferentes artistas e colabora con outros proxectos artísticos.
Obradoiro
“Do mainstream á orixe: contextualizando o trend dende a danza e a música”
Eva e Marcos achegan á mocidade a produción musical e a danza dende o Hip Hop, analizando os sons e bailes actuais para conectalos coa súa orixe (collendo o trap e reggaeton para enlazalos co hip hop e o dancehall); facendo o mesmo coa danza (collendo os tik toks e comparándoos cos videoclips dos anos 90 onde o Hip Hop era o protagonista).
Así analizamos a evolución a varios niveis: sonoros, de movemento e estéticos; para poder facer a reflexión de como da cultura underground e de nicho pasa ao mainstream e de masas. Como o capitalismo e a industria comercializa e estandariza a cultura que nun inicio fóra reivindicativa dunha sociedade empobrecida e marxinal.
Web e redes sociais
Compartir