Nación: proxección e encontro con Margarita Ledo Andión

Categoría: Cinema
Data: 21/11/2026
Horario: 11:45 h
Localidade: A Coruña
Espazo: Fórum Metropolitano, Rúa Río Monelos 1
A sesión contará coa presenza de Margarita Ledo Andión, que participará nun encontro co
público ao remate da proxección.
Actividade comisariada por Mon Rivas, no marco do Premio José Gil de audiovisual da
Deputación da Coruña.
Sinopse
A fábrica de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentencia sobre a
reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade
individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuel, Carmen
P. e Carmen A., manteñen viva a reivindicación dos dereitos da muller na España do século XX.
A historia das súas vidas desenrólase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das
operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e
corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.
Tras a proxección terá lugar un encontro coa directora, Margarita Ledo Andión, recoñecida co
Premio José Gil de audiovisual á Traxectoria na edición de 2025. A conversa permitirá
afondar no proceso creativo da película, na construción da memoria audiovisual e no uso dos
materiais de arquivo.
Ficha técnica
Formato: Proxección documental
Título: Nación
Dirección: Margarita Ledo Andión
País: España
Ano: 2020
Duración: 92 minutos
Clasificación por idades: +12
Produción: NÓS Productora Cinematográfica Galega
Reparto: Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo,
Carmen Portela Lusquiños, Carmen Álvarez Seoane, Mónica Camaño, Mónica de Nut,
Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos e Eva Veiga.
Versión orixinal: Galego
Subtítulos: Galego.
Público: Xeral. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.