Saltar ao contido
>
>

Cía Eva Comesaña | “HIRANYA” | 2026

Cía Eva Comesaña | “HIRANYA” | 2026

“Hiranya” preséntase como un dispositivo escénico que combina ciencia ficción con arte contemporánea, onde danza, intelixencia artificial , música, creación visual, escenografía e iluminación se aúnan para reflexionar sobre o mainstream, a cultura pop, o fanatismo e a espiritualidade dende unha perspectiva milenial; onde a linguaxe coreográfica dialoga estreitamente coa música experimental e urbana, xerando un marco estético híbrido, capaz de por en tensión as categorías de culto, do popular e das novas tecnoloxías.

Reflexiona sobre os avances tecnolóxicos e seu papel no cotián, nas relacións sociais, nos gustos da xente e como é o sentimento de pertenza dunha sociedade marcada pola cultura dixital, as pantallas e o fenómeno fan.

Sobre Eva Comesaña e Marcos Alonso

EVA COMESAÑA

Bailarina e creadora viguesa. Entra en contacto coa arte a través das danzas urbanas, máis concretamente co Hip Hop e todo o movemento artístico que o rodea. Pronto chega a danza contemporánea á súa vida para quedarse, fórmase con diferentes mestres e en 2023-24 fai o programa de formación profesional en danza contemporánea, Oficina Zero en O Porto.

Ten varias creacións propias coma o solo “TerraFIRME”, oda dancística ás ancestras que traballaron mar e terra; estivo en residencia na Casa do Alto en Camelle e o presentou na 1º edición do Festival Escora. O seu último traballo “Perder a lingua” obtivo a axuda a nova creación da Xunta de Galicia en 2024.

Sempre atravesada polo territorio e o que nel acontece para porlle corpo e movemento, en compañía doutras artistas para crear. Adicase tamén á xestión cultural comezando co colectivo feminista de artistas 85C e actualmente forma parte dos proxectos Teatro Gorrilla e Macarena War.

MARCOS ALONSO

Produtor musical, creador audiovisual, mediador intercultural na Asociación Galega de Adopción e Acollemento Manaia, tatuador e grafiteiro madrileño. A súa carreira profesional comeza en 2009 formando o seu propio grupo de rap H.Ilimitados, xunto ao poeta Pablo Urizal con quen leva 5 álbumes publicados. Dende fai 5 anos ten o seu propio estudo onde produce a diferentes artistas e colabora con outros proxectos artísticos.

Vídeo del evento

Compartir