Saltar ao contido
>
>

Laudatio Funebris no Reino da Galiza. Da morte, o pranto e o alén

Laudatio Funebris no Reino da Galiza. Da morte, o pranto e o alén

Presentado

Colaboran

Proxecto cultural impulsado por aCentral Folque que explora as dimensións simbólicas, musicais e patrimoniais da morte na Galiza medieval a través da investigación, a creación artística e a divulgación pública. A iniciativa procura recuperar e reinterpretar os prantos medievais vinculados ao Reino da Galiza, poñendo en valor tanto figuras históricas como espazos patrimoniais de referencia en Compostela e Noia.

O proxecto desenvolveuse mediante unha programación multidisciplinar que combinou roteiros culturais, concertos de música antiga, publicacións editoriais e materiais divulgativos. Entre as accións realizadas destaca a edición do libro Laudatio Funebris. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, de Eva Moreda e Andrés Díaz, así como a celebración de roteiros guiados por Quico Cadaval en Compostela e Noia, centrados no imaxinario medieval da morte e nos principais espazos patrimoniais asociados a esta temática. Estas actividades acadaron unha elevada participación de público.

Outro dos eixos fundamentais foi a realización de concertos do Grupo 1500 baixo o programa Cinco prantos para un Reino, interpretando repertorio medieval relacionado con personaxes e episodios da historia galega.

As actuacións celebráronse en San Domingos de Bonaval e en Santa María a Nova de Noia, espazos de gran valor histórico e simbólico. Ademais, realizouse unha gravación discográfica distribuída en plataformas dixitais, ampliando o alcance do proxecto e garantindo a súa permanencia no tempo.

A proposta destaca polo seu rigor historiográfico, apoiado nun equipo multidisciplinar formado por investigadores, músicos e profesionais da cultura especializados no período medieval. O resultado é unha iniciativa que combina patrimonio material e inmaterial, creación contemporánea e divulgación cultural, contribuíndo á difusión social do Reino da Galiza e á valorización do seu legado histórico desde unha perspectiva innovadora e accesible para a cidadanía.

Máis Información

O proxecto nos medios

Compartir