Saltar ao contido

Xornadas XXVI: “Paisaxes Liminais”

Coordinación: María Serrano

Unha xornada que reúne artistas, investigadoras e colectivos para explorar o arquivo como un espazo vivo de creación e transformación. A través de prácticas vinculadas á memoria, o son, o corpo e o territorio, o encontro propón activar relatos e sensibilidades que quedaron fóra das narrativas hexemónicas e abrir novas formas de coñecemento e escoita crítica.

PROGRAMA

  • 12:00 — Xoán-Xil López + Outonía + Txema González (conversa)
  • 14:00 — Sarah Ardite pres. N’écoutez pas la musique des noirs: desarquivando os sons de Haití (conversa/sesión de escoita)
  • 15:00 — Xantar popular / reservas 5€ en: info.codexclub@gmail.com
  • 16:00 — Luigi Monteanni pres. Empty Media, Spirit Media: On Archival Black Boxes (conversa)
  • 17:30 — Femke Dekker pres. Open Field (ensaio sonoro)
  • 18:30 — CHAPA (colaxes sonoras)
  • 19:30 — Ambient Gaza pres. Gaza soundmapping project (sesión de escoita e instalación) e conversa con Hossam Madhoun
  • 20:30 — NIKA SON (concerto)
  • 21:30 — LOMA DOOM (dj set)

PERSOAS E COLECTIVOS PARTICIPANTES

  1. Ambient Gaza: Proxecto de investigación e procesamento sonoro centrado na preservación e difusión da memoria ambiental e o patrimonio sonoro de Palestina.
  2. Femke Dekker: Curadora, docente e investigadora especializada en prácticas editoriais e arquivos sonoros desde unha perspectiva crítica.
  3. Luigi Monteanni: Etnomusicólogo e investigador enfocado no análise de tradicións sonoras híbridas, medios dixitais e rexistros de campo.
  4. Nika Son: Artista sonora e compositora (actuación / concerto en directo).
  5. Sarah Ardite: Investigadora independente focada nas xenealoxías sonoras das marxes e na xestión do son como ferramenta de resistencia cultural.
  6. Txema González: Xestor e investigador especializado na recuperación e conservación de arquivos de música experimental e documentos sonoros efímeros.
  7. Outonía: Colectivo e plataforma dedicada á exploración da memoria oral e da paisaxe sonora no ámbito galego.
  8. Xoan Xil: Artista sonoro e musicólogo con ampla traxectoria no eido da fonografía, a gravación de campo e o deseño acústico.
  9. Chapa: Proxecto musical e artístico (concerto de peche / clausura).

Ligazóns de interese

Programa

Compartir