- Cinema
Salvaxe, salvaxe
- Data
- 24/09/2026
- 24/10/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Cinema
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicacións
- Dirección
Sinopse
SALVAXE, SALVAXE é un filme-ensaio que percorre as chamadas terras de lobo de Galicia e Portugal para explorar a relación entre as persoas, os animais e a paisaxe que comparten. A través dunha proposta visual e sonora de grande forza poética, o documental convida a observar os rastros da vida salvaxe e a descubrir unha forma diferente de habitar e interpretar o territorio. Máis alá da reflexión sobre o lobo, a película propón unha mirada renovada cara aos ecosistemas e á biodiversidade, reivindicando a necesidade de recoñecernos como parte da natureza. Cada proxección complétase cun encontro co equipo do filme, favorecendo o diálogo arredor da ecoloxía, a creación audiovisual e os desafíos ambientais do presente.
Ficha técnica
- Formato: Proxección documental con presentación e coloquio.
- Título: SALVAXE, SALVAXE
- Dirección: Emilio Fonseca Martín
- Produción: Animala e Xiana do Teixeiro
- Xénero: Documental · Ensaio cinematográfico
- Ano: 2024
- Duración do filme: 86 minutos
- Duración da actividade: 100-120 minutos (proxección, presentación e coloquio)
- Público: Todos os públicos
- Idioma: Galego
- Recoñecementos: Premio á Mellor Longametraxe Documental no Festival de Málaga, Premio ao Mellor Documental en Play-Doc e selección en destacados festivais internacionais
Sesións
- Carral: Casa da Cultura, 24/09/26 – 20:00h
- Neda: Casa da Cultura, 25/09/26 – 20:30h
- As Pontes de García Rodríguez: Casa Dr Dopeso, 15/10/26 – 20:00h
- Cedeira: Auditorio Municipal, 16/10/26 – 12:00h
- A Pobra do Caramiñal: Teatro Cine Elma, 16/10/2026 – 20.00h
- Cerceda: Auditorio Municipal, 22/10/26 – 12:00h
- Dodro: Salón de actos centro escolar CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, 23/10/26 – 12:00h
- Noia: Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, 23/10/26 – 20:00h
- Santa Comba: Auditorio Multiúsos, 24/10/26 – 21:00h
Asiste ao evento
Compartir