Saltar ao contido
>

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos

Sinopse

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos é un documental que recupera a historia e o legado dunha das institucións fundamentais da cultura galega do século XX. A través de testemuños de especialistas, documentación histórica e a participación de estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, o filme percorre a traxectoria do Seminario de Estudos Galegos, pioneiro na investigación científica e humanística sobre Galicia. Unha proposta divulgativa que invita a redescubrir unha experiencia colectiva decisiva para comprender a historia, a lingua e a identidade do país.

 

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental con coloquio
  • Título: Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
  • Dirección e guión: Cristina De La Torre
  • Produción: Nós Televisión
  • Duración: 37 minutos
  • Público: Xeral

Sesións

  • Betanzos: Salón Azul do Edificio do Arquivo, 16/10/2026 – 20:00h
  • Melide: Centro Sociocultural Mingos de Pita, 27/09/2026 – 19:00h
  • Rianxo: Auditorio de Rianxo, Sala Arcos Moldes (Teatro), 27/11/2026 – 21:00h
  • Corcubión: Casa da Cultura Plácido Castro, 23/10/2026 – 20:00h
  • Mazaricos: Casa da Cultura, 6/11/2026 – 12:00h
  • Frades: Centro Sociocomunitario (Ponte Carreira), 20/10/2026 – 20:00h
  • Val do Dubra: Biblioteca do CPI de Bembibre, 9/10/2026 – 11:10h
  • Arteixo: Capela do Balneario, 1/10/2026 – 20:00h
  • Brión: Sala Municipal de Exposicións, 29/10/2026 – 20:00h
  • Pontedeume: Casa da Cultura, 9/10/2026 – 20:00h

 

 

 

 

Asiste ao evento

Compartir