Saltar ao contido
>

Esperta o Rinoceronte

Esperta o Rinoceronte

Sinopse

Esperta o rinoceronte é un espectáculo de teatro de monicreques que convida a mirar o mundo cos ollos da infancia para reflexionar sobre a igualdade, a xustiza e o compromiso coas persoas máis vulnerables. A protagonista é Bambú, unha nena que aprende da súa avoa que as cousas verdadeiramente importantes non sempre son as que máis brillan. A través dunha viaxe marcada pola esperanza e pola capacidade de transformar a realidade, descubrirá que todas as persoas levan dentro un rinoceronte: unha voz interior que impulsa a actuar fronte ás inxustizas e a non permanecer indiferentes. Combinando teatro de monicreques, interpretación, música orixinal e narración, a obra aborda con sensibilidade cuestións como o traballo infantil, a desigualdade e a responsabilidade colectiva, ofrecendo unha experiencia poética e esperanzadora para público familiar.

Ficha Técnica

  • Formato: Espectáculo de teatro de monicreques
  • Título: Esperta o rinoceronte
  • Compañía: Nao Caracola
  • Actriz-titiriteira: Marián González
  • Dirección: Manuel Román
  • Dramaturxia: Manuel Román e Marián González
  • Música orixinal: Jesús Lana Celaya
  • Duración: 40 minutos
  • Idioma: Galego
  • Público: Todos os públicos, especialmente recomendado a partir dos 6 anos.

Sesións

  • Curtis: Salón de usos múltiples de Teixeiro, 16/10/26 – 17:00h
  • Fene: Salón de Actos do concello, 23/10/26 – 19:00h
  • Dumbría: Casa Cultural de Olveira, 30/10/26 – 18:00h
  • Moeche: Centro Cultural Francisco Piñeiro, 08/11/26 – 12:00h
  • Melide: Centro Sociocultural Mingos de Pita, 20/11/26 – 12:00h

Asiste ao evento

Compartir