- Cinema
Crónicas da Galiza Mártir
- Data
- 12/09/2026
- 04/12/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Cinema
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicaciones
- Dirección
Sinopse
Crónicas da Galiza Mártir é unha longametraxe documental que recupera a memoria das vítimas da represión franquista en Galicia a través de máis de setenta testemuños de persoas represaliadas, familiares, investigadores e protagonistas da memoria democrática. O filme aborda con rigor histórico e sensibilidade humana as consecuencias do golpe de Estado de 1936, ofrecendo unha reflexión sobre a violencia política, a memoria colectiva e a defensa dos valores democráticos. Cada proxección complétase cunha presentación e un coloquio co director Xan Leira e unha persoa especialista convidada, convertendo a actividade nun espazo para o diálogo e a reflexión compartida arredor da memoria histórica e dos dereitos humanos.
Ficha Técnica
- Formato: Proxección documental con presentación e coloquio
- Título: Crónicas da Galiza Mártir
- Guión, dirección e produción executiva: Xan Leira
- Duración: Longametraxe documental
- Intervención posterior: Coloquio con Xan Leira e unha persoa especialista convidada
- Público: Xeral (especialmente recomendado para persoas interesadas na historia contemporánea e na memoria democrática)
Sesións
- Ponteceso: Museo de Corme, 12/09/2026 – 19.00h
- Carral: Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura, 08/10/2026 – 20.00h
- Fene: Salón de Actos da Casa da Cultura, 22/10/26 – 18.00h
- Zas: IES Maximino Romero Lema de Baio, 04/12/2026 – 12.00h
Asiste ao evento
Compartir