- Música
Concerto Cheny Wa Gune (10 aniversario Fran Pérez NARF)
- Data
- 26/09/2026
- 04/10/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Música
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicacións
- Dirección
Sinopse
Cheny Wa Gune é un músico, compositor, construtor de instrumentos tradicionais e investigador mozambicano especializado na timbila, instrumento declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. O seu espectáculo combina a tradición musical de Mozambique coa creación contemporánea, integrando timbila, percusións e outros instrumentos tradicionais con linguaxes actuais nunha proposta escénica de gran forza rítmica e visual. Con máis de dúas décadas de carreira, Cheny Wa Gune converteuse nun dos principais divulgadores da música tradicional mozambicana, actuando en festivais e auditorios de Europa, África, Asia e América Latina e colaborando con artistas de referencia da escena internacional.
Ficha Técnica
- Modalidade: Música
- Formato: Concerto
- Artista: Cheny Wa Gune
- País: Mozambique
- Público: Xeral.
Sesións
- Rianxo: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, 26/9/2026 – 20:30h
- Ordes: Casa da Cultura, 1/10/2026 – 20:00h
- Muros: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, 2/10/2026 – 20:30h
- Boiro: Pazo de Goiáns, 3/10/2026 – 21:00h
- Corcubión: Auditorio da Casa da Cultura, 4/10/2026 – 20:00h
Asiste ao evento
Compartir