Saltar ao contido
>

Ciclo Músicas Posíbeis: HONRA. A non historia de María Pita, Compañía profesional EGTM.

Ciclo Músicas Posíbeis: HONRA. A non historia de María Pita, Compañía profesional EGTM.

HONRA. A non historia de María Pita é un musical contemporáneo que revisita un dos episodios máis coñecidos da historia da Coruña para preguntarse quen merece ser lembrado como heroe.  Ambientada durante o asedio inglés de 1589, a obra recupera a figura de María Pita, pero tamén a das moitas persoas anónimas que participaron na defensa da cidade. A través da música, do teatro e dunha mirada actual, o espectáculo reflexiona sobre a memoria colectiva, os mecanismos cos que construímos os relatos históricos e o papel das persoas correntes nos grandes acontecementos.  Lonxe dunha recreación histórica convencional, HONRA propón unha lectura contemporánea que conecta o pasado co presente e reivindica as pequenas loitas cotiás que dan forma ás comunidades.

Teatro musical

Dirección: Miguel Tubía e Sara Fandiño

Libreto: Daniel Maques e Sara Fandiño
Dirección de banda: Alexandro González
Elenco:
Alis Ramos · Álvaro Cima · Andrés Mahía · Antuán Rivas · Carlos Galán · Iker Fauré · Iria Lamas · Iván Márquez · Jorge Veiga · Manu Estévez · Marta González · Nuria Sanmartín · Paula Pena · Sabela Hermida · Sara Fandiño · Verónica Peiteado.
Produción: Compañía Profesional Escola Galega de Teatro Musical
Duración: 90 minutos

Asiste ao evento

Compartir