Saltar ao contido
>

Ciclo Músicas Posíbeis: Emocións, Banda Municipal de Música de Celanova

Ciclo Músicas Posíbeis: Emocións, Banda Municipal de Música de Celanova

Emocións é un espectáculo músico-literario que transforma a poesía de Manuel Curros Enríquez nunha experiencia escénica de grande formato. A través dunha sucesión de pezas musicais, narracións e intervencións corais, a obra percorre as emocións presentes nos versos do poeta do Rexurdimento galego: a dor, a esperanza, a memoria, o amor, a perda ou a celebración. Música, palabra, canto coral, baile tradicional e interpretación únense nunha proposta que achega a obra de Curros ao público contemporáneo desde unha perspectiva artística e emocional, convertendo a poesía nunha experiencia viva e compartida.
  • Música orixinal: Manuel Alejandro López Pérez
  • Texto narrativo e narración: Baldo Ramos
  • Dirección musical: Miguel Pérez Lorenzo
  • Soprano solista: Ana Mélikhova
  • Tenor solista: Enrique A. Martínez Rivero
  • Gaita solista: José Nabor
Participan:
  • Banda de Música Municipal de Celanova
  • Coro Cidade de Vigo (ONCE)
  • Coro da Escola Municipal de Música de Vigo
  • Coral de Ruada
  • Coral Polifónica Solpor de Celanova
  • Rebulir Cultura Tradicional

Duración: 110 minutos

Asiste ao evento

Compartir