- Artes escénicas
Berenguela na gaiola
- Data
- 12/09/2026
- 07/11/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Artes escénicas
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicaciones
- Dirección
Sinopse
Berenguela na gaiola é un espectáculo teatral para público familiar inspirado na obra de Manuel María que reivindica a forza da imaxinación, da amizade e do teatro para transformar a realidade. Nunha residencia de maiores, Berenguela négase a aceptar unha vida sen liberdade e soña con regresar á súa casa na aldea. Xunto a Aurora, que perdeu parte da memoria pero conserva intacta a capacidade de inventar, e Tomás, un home silencioso que observa o mundo desde a xanela, decidirá emprender unha pequena revolución. Como non poden cambiar a realidade, subirán ao escenario para representar Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, descubrindo que o teatro tamén pode ser un lugar onde recuperar a ilusión, a identidade e a liberdade. A través do humor, do xogo escénico e da emoción, a obra establece unha delicada ponte entre infancia e vellez, lembrándonos que nunca deixamos de necesitar historias para comprender o mundo.
Ficha técnica
- Formato: Espectáculo teatral
- Título: Berenguela na gaiola
- Compañías: Galeatro e Xarope Tulú
- Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira
- Baseado na obra: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María
- Duración: 50 minutos
- Público: Todos os públicos, recomendado a partir de 6 anos.
Sesións
- Bergondo: Edificio Sociocultural A Senra, 12/09/26 – 18:00h
- Ponteceso: Edificio das escolas, 25/09/26 – 20:00h
- Negreira: Auditorio Afonso Eanes de Cotón, 07/11/26 – 19:00h
Asiste ao evento
Compartir