Saltar ao contido

BenQuerer

Sinopse

BenQuerer é unha peza de danza contemporánea que nace do diálogo entre o universo coreográfico de Fran Sieira e a música en directo de Caamaño&Ameixeiras. A partir da tradición galega, o espectáculo propón unha reflexión íntima sobre o autocoidado, a vulnerabilidade e a necesidade de aprender a poñer límites nunha sociedade marcada pola velocidade e a esixencia constante. A través dunha linguaxe escénica que fusiona baile tradicional e danza contemporánea, BenQuerer convida o público a mirar cara ao interior e reivindicar o tempo para coidarse e recoñecerse. A función complétase cun espazo de diálogo co público arredor dos temas que aborda a obra, reforzando a súa dimensión participativa e de mediación cultural.

Ficha Técnica

  • Formato: Espectáculo de danza contemporánea con música en directo
  • Compañía: Fran Sieira
  • Compañía de Danza Interpretación: Fran Sieira
  • Música en directo: Caamaño&Ameixeiras
  • Dirección artística: Fran Sieira, Colectivo VACAburra, Andrea Quintana e Gena Baamonde
  • Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana
  • Duración: 55 minutos
  • Público: Xeral
  • Mediación: Coloquio participativo ao remate da función

Sesións

  • Melide: Centro Sociocultural Mingos de Pita, 20/09/2026 – 19:30h
  • Sada: Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns, 8/11/2026 – 19:00h

Asiste ao evento

Compartir