- Cinema
Outono das artes: Ao son da nova Regueifa
- Data
- 18/09/2026
- 04/12/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Cinema
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicaciones
- Dirección
Sinopse
Ao son da nova regueifa é un documental que percorre Galicia para descubrir como a regueifa, unha das expresións máis singulares da tradición oral galega, continúa viva e reinventándose no presente. A través das voces de regueifeiras e regueifeiros de diferentes xeracións e territorios, a película amosa como esta arte da improvisación conecta tradición e creación contemporánea, converténdose nun espazo de encontro, aprendizaxe e participación. Entre versos improvisados, música e historias compartidas, o documental debuxa o retrato dunha práctica cultural en permanente evolución, capaz de crear comunidade e de dialogar coas novas xeracións sen perder as súas raíces.
Ficha Técnica
- Formato: Proxección documental
- Título: Ao son da nova regueifa
- Dirección e guión: Manolo Maseda e Saúl Rivas
- Xénero: Documental cultural
- Duración: 60 minutos
- Ano de produción: 2025
- Idioma: Galego
- Produción: Undodez
- Público: Xeral. Especialmente recomendado para persoas interesadas na cultura popular, a tradición oral e a creación contemporánea.
Sesións
- Laxe: Salón de Actos do Concello, 18/09/2026 – 18.00h
- Ribeira: Centro Cultural Lustres Rivas, 24/09/26 – 12:00h
- A Laracha: Casa da Cultura, 25/09/26 – 20:30h
- Ares: Biblioteca Municipal, 02/10/26 – 20:00h
- Neda: Casa da Cultura, 02/10/26 – 20:30h
- Arteixo: Capela do Balneario, 03/10/26 – 21:00h
- Vimianzo: Auditorio da Casa da Cultura, 09/10/26 – 21:00h
- Negreira: Casa da Cultura, 15/10/26 – 20:00h
- Carral: Casa da Cultura, 15/10/26 – 10:30h
- Pontedeume: Casa da Cultura, 16/10/26 – 20:00h
- Dodro: Local Social de Montiño, 17/10/26 – 20:00h
- Cabana de Bergantiños: Auditorio Municipal, 20/10/2026 – 16:10h
- Fene: IES de Fene, 20/10/26 – 16:30h
- Carnota: Auditorio Municipal do Campo do Viso, 23/10/26 – 21:00h
- Moeche: Sala de exposicións do Castelo de Moeche, 23/10/26 – 20:00h
- Porto do son: Casa da Cultura, 24/10/26 – 20:00h
- Mazaricos: Casa da Cultura, 25/10/26 – 17:00h
- Coristanco: Casa da Cultura, 04/11/26 – 11:00h
- Malpica de Bergantiños: Auditorio do Centro Cívico, 13/11/26 – 20:00h
- Coirás: Centro Social, 13/11/26 – 19:00h
- Corcubión: Casa da Cultura, 22/11/26 – 18:00h
- Outes: Casa da Cultura, 29/11/26 – 19:00h
- Brión: Centro Social Polivalente, 04/12/26 – 20:00h
Asiste ao evento
Compartir