Saltar ao contido
>

> Encontro con Pedro Crenes

Encontro con Pedro Crenes

Información do encontro

  • Data: Decembro 25
  • Lugar: Casa da Cultura de Cabanas

Sobre Pedro Crenes

Panamá, 1972

Pedro Crenes Castro é escritor e xestor cultural panameño. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró en tres ocasións: en 2017 co libro de contos Cómo ser Charles Atlas; en 2019 na categoría de novela con Crónicas del solar; e en 2024 outra vez en contos co título Así que el Mar era esto. Ademais, é autor do libro de microrrelatos Microndo (2014) e dos contos de El boxeador catequista (2013).

A súa obra foi incluída en varias antoloxías literarias entre América e Europa. Coordinou tamén importantes antoloxías como Puente levadizo: veinticuatro cuentistas de Panamá y España (2015) e Resistir. Cuentos contemporáneos contra la dominación de Estados Unidos (2025). En 2023, recibiu o Premio de Crítica Literaria Pedro Correa Vázquez co seu libro Crónica crítica. Fragmentos para leer una literatura.

Colabora regularmente en medios de comunicación en España e Panamá e imparte clases de escritura creativa en Vigo, onde tamén organiza talleres de escritura.

Ligazons

Compartir