Saltar ao contido
>

> Encontro con Bileysi Reyes

Encontro con Bileysi Reyes

Información do encontro

  • Data: Xullo 24
  • Lugar: Biblioteca Municipal Rosalía de Castro – Santa Cruz de Oleiros

Sobre Bileysi Reyes

San Pedro de Macorís, 1993

Bileysi Reyes é licenciada en Letras pola Universidade Autónoma de Santo Domingo. Forma parte do Taller Literario Narradores de Santo Domingo e do Taller Literario César Vallejo.

Foi recoñecida con diversos premios, entre eles o accésit no concurso de contos Juan Bosch TLNSD (2018) e o primeiro premio de conto na Feira Regional do Libro e da Cultura de Monte Plata (2019).

Publicou o poemario Selva de palabras cortadas (2023) e textos seus apareceron en revistas como Scriptura e Letras Salvajes, así como en diversas antoloxías literarias. En 2023 foi convidada ao festival Soria Expoesía (España) e actualmente coordina o Festival Internacional Semana de la Poesía de Santo Domingo.

En 2024 obtivo a bolsa Residencia Literaria 1863 na cidade da Coruña. Tamén traballou na Feira Internacional do Libro de Santo Domingo como editora do programa xeral e como subcoordinadora do Pavillón de Poesía da edición 2023.

Ligazons

Compartir