A historia dunha novela que todavía non existe
Información sobre o encontro
- Data: 3 agosto 26
- Hora: 20:00h
- Lugar: Carpa da feira do libro. A Coruña
Sobre Benjamín Cedeño
Panamá
Benjamín Cedeño é un xornalista, guionista e escritor panameño. Leva escribindo dende a adolescencia e mantén unha práctica de escritura consistente durante máis de quince anos. Aos 20 anos, creou o seu primeiro blog sobre música, unha experiencia que evolucionou ata BenjaminCedeno.com, onde publicou máis de cen ensaios, poemas e textos autobiográficos en español e inglés. O seu traballo abarcou múltiples formatos narrativos: escribiu guións para cine e televisión, reportaxes xornalísticas, campañas publicitarias e contidos editoriais para medios de comunicación e organizacións. Os seus textos foron publicados en varias partes de América Latina, onde tamén traballou como columnista cultural e coeditor. Paralelamente, desenvolveu unha carreira de máis de trece anos como consultor de mercadotecnia e comunicación estratéxica, utilizando ferramentas de narración para construír narrativas, comunidades e proxectos culturais.
Ligazons
Compartir