
WG83
Sesión DJ | 90 minutos
WG83 naceu en Bogotá, Colombia, pero é en Pereira “Cidade do Techno”, onde viviu a gran parte da súa vida. É nesta cidade onde entra ao mundo do música club no 2006 participando en diferentes espazos, emisoras e clubs, desenvolvendo o seu oído e a súa visión artística.
Dj da escena club alternativa, enfocado principalmente no son House, Electro, (Breaks) Acid, Electrónica e Techno.
Actualmente, vive nun recuncho de Galicia, en Mazaricos, traballando no selo independente 110Momias marcas e sendo parte tamén do selo FamilY House.
Web e redes sociais
Compartir