
Mikel Aristegui
Sinopse
OUVEO é un berro pola dignidade artística en toda esta situación actual.
Un berro como intento de saída artística a esta nova normalidade. A defensa dos dereitos de creación. Un berro con rabia, impotencia e impulso contido que se libera a través do movemento.
O movemento é vida.
Ficha artística
- Creación e intepretación: Mikel Arístegui
- Voz en Off: Miguel Pernas
- Ollo externo: Noelia Toledano
- Fotos: Masako Hattori, Jesús Romero e Sólodos
- Agradecementos: Masako Hattori, Pablo de la Calle, Festival Herdanza, CGAC e as vacas de Gerardo.
Sobre o artista
Formado en Danza contemporanea, Clásica e folclore Europeo na Folkwang Hochschule de Essen, Alemania do 1990 ata 1994.
Primeiro premio de coreografía no VIII Certamen Coreográfico de Madrid no 1994. Dende entón realizou máis de 45 producións propias nas que traballou como coreógrafo, intérprete, produtor, director e varias veces, co-dramaturgo.
Aparte do primeiro premio de coreografía no Certamen de Madrid, Arístegui participou como coreógrafo e intérprete noutros proxectos que recibiron distintos premios e nominacións; un total de 11 premios recoñecidos internacionalmente. Traballou durante 30 anos en Alemania, Suiza e España con grandes compañías como Sasha Waltz & Guest, Dv8 Physical Theater, Sidi Larbi Cherkaoui tamén foi coreógrafo e intérprete en pezas de Thomas Ostermeier, Sebastian Nübeln, Maelle Poesy e Steven Berkoff entre outros.
Paralelamente ao seu traballo como intérprete e colaborador, M. Arístegui creou en Galicia SIL Producciones-Artes en movimiento e está traballando no festival “Xoves de Danza” e as “Residencias Os Toxedos”. Tamén traballou en proxectos tanto do Centro Coreográfico Galego no verán de 2018 e no Centro Dramático Galego con 12 actores e actrices e unha presentación ao público en xuño de 2019. Tamén en Galicia, continúa as súas colaboracións con: Licenciada Sotelo, Experimenta Danza, Sólodos danza e outros. É xurado do Concurso Nacional de Danza dende a súa primeira edición en Galicia e socio activo da PAM, Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia, da asociación Aldear, creadora de proxectos artísiticos no rural e da asociación de Veciños San Ramón de Armariz. No 2024 creou a Ópera As Bodas de Fígaro, o afilador como un proxecto comunitario partipativo no seu concello, Nogueira de Ramuin, berce do oficio de afilador.
Obradoiro
Corpos en movemento: xeografías do sentir
Obradoiro de danza como forma de expresión para todo tipo de corpos e posibilidades.
Traballarase a autopercepción do corpo e a forma que temos de comunicarnos con outras persoas a través do movemento, Mikel proporcionará ferramentas para poder experimentar as nosas posibilidades e desenvolver o noso potencial sexa cal sexa o punto de partida que teña cada individuo ou persoa.
Crearase un espazo seguro para as persoas con calquera tipo de capacidade ou discapacidade. Traballarase o contacto físico e emocional e deixarase que os corpos constrúan paisaxes onde sentirse libres e respetadas como persoas.
*Espazo seguro para o colectivo LGTBIAQ+
Web e redes sociais
Compartir