
Jandross Rodríguez
O Cuco acompáñate mentres o corpo aínda permanece.
Celebra a vida e entreabre as portas do alén.
Fillo do Desexo e do Soño, é a encarnación histriónica e satirizada de todalas contradiccións que nos tecen en vida.
Érgue-se nas conversas derradeiras e esváe-se co primeiro albor
Ficha artística
- Creación e interpretación: Jandross Rodríguez
- Asistencia: Julia Laport
- Audiovisual: Iria Casal
- Música: Juan Miralles
- Vestiario: Elise Abella
Apoios: Centro Coreográfico Galego, Concello de Culleredo, INJUVE (Espacios de ensayo para artes vivas), Fundación Paideia (Programa formativo para artistas da danza e as artes do movemento)
Sobre Jandross Rodríguez
Alejandro Rodríguez, coñecido artísticamente como Jandross, é un bailarín e creador galego nado en Vilagarcía de Arousa no ano 2000. Dende pequeno recibiu formación en Hip Hop e teatro musical. A partires de 2018, a súa principal linguaxe artística é o Waacking, participando activamente na comunidade nacional e internacional deste estilo. Ao longo dos últimos sete anos, viaxou e formouse con grandes referentes en diversos eventos e cursos internacionais. Actualmente compaxina a súa labor creativa coa docencia e a divulgación das danzas urbanas e de club.
Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, centrou o seu traballo de fin de grao na construción da sentimentalidade moderna e a influencia que a música disco e a cultura de club dos anos 70 teñen sobre ela. Esta perspectiva académica enriqueceu o seu traballo artístico, onde explora a conexión entre o corpo, as emocións e a cultura popular, vinculando a danza, a fotografía e a moda.
A súa carreira como intérprete inicia en 2018, e dende entón participou en diversos proxectos, incluíndo o musical Cats e proxectos audiovisuais para artistas galegos emerxentes. Leva tres anos xirando co artista Mondra, actualmente como intérprete na súa xira De Ronda. A súa principal motivación como artista é a creación, e recentemente iniciou o proxecto A noite do Cuco, unha obra en proceso que reflexiona sobre o loito e as tradicións asociadas no presente.
Web e redes sociais
Compartir