Saltar ao contido

Artur Puga

As pegadas do baile

“As pegadas do baile” é un proxecto artístico que nace dende o proxecto interdisciplinario de defensa e difusión do baile, “Ven e Baila”.

Dende o “Ven e Baila” vimos respondendo a unha clara necesidade de colocar o baile tradicional galego no lugar que lle corresponde, cubrindo o requisito de crear proxectos de todo tipo para achegarnos ao público xeral.

Nesta ocasión presentamos “As pegadas do baile”, proxecto artístico dirixido a concellos, vilas, aldeas, cidades ou lugares dentro ou fóra de Galicia, que queiran destinar un cachiño do seu terreo a formar parte da expansión do noso baile, para ser defensores do coidado e da trasmisión da nosa cultura popular.

Así, Corcubión será o primeiro en concello que pon a proba as pegadas, coa presentación oficial o domingo 7 de xuño, cun obradoiro previo e unha foliada de final de tarde.

Ficha artística

  • Idea orixinal e dirección: Artur Puga
  • Axudante de dirección: Aida Pérez
  • Creación artística: Iván Prado

Sobre Artur Puga

Artur Puga é o director de Seisporoito, escola de baile tradicional que aposta pola profesionalización do sector e pola súa expansión constante, chegando xa abrir a súa primeira escola municipal ou sedes en Madrid ou Barcelona.

Tamén é profesional no sector da danza e da música, acompañando a proxectos como Fran Sieira compañía de danza, Mondra ou Tanxugueiras nos últimos anos.

Presenta recentemente o “Ven e Baila”, unha clara aposta pola defensa e difusión do baile tradicional, facendo por primeira vez unha exposición no espazo arte do Culturgal 2024 e organizando o “Ven e Baila” no Culturgal 2025.

Web e redes sociais

Web
@venebaila
@arturpuuga
Teaser

Compartir