Saltar ao contido
>

> Anuska Fernández coa colaboración de Yas Deluaces, a veciñanza e as alumnas de danza de Mazaricos

Anuska Fernández coa colaboración de Yas Deluaces, a veciñanza e as alumnas de danza de Mazaricos

TRAKTOR | Espectáculo de rúa · 40 minutos

Espectáculo de danza interxeracional que nace no rural e bebe da memoria compartida do territorio. A través da música, do movemento e da palabra, exploramos as relacións que tecen comunidade, os ritmos do cotiá, os corpos que revelan ambigüidade, a sorna, os rituais, as celebracións ou a idiosincrasia convértense en danza,en memoria viva. Dende o imaxinario colectivo, abrimos camiños para resignificar a tradición e crear cultura propia no presente.

*Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado, musicado e dirixido por Anuska Fernándes e Yas Deluaces entre febreiro e xuño xunto co alumnado de danza e a veciñanza do concello de Mazaricos.

Ficha artística

  • Dirección e coreografía: Anuska Fernández
  • Idea orixinal: Anuska Fernández e Yas Deluaces
  • Voz: Yas Deluaces
  • Intérpretes: Anuska Fernández, Yas Deluaces e as alumnas de danza contemporánea Jessifer López, Delfi Pereira, Elena Escudero, Mary Carmen Estévez, María Cambeiro, Carmen Moreira
  • Colaboran: pandereteiras da asociación de amas de casa Angelita García, Esther Muiño, Maricarmen Cancela, María Carreira, Domingos Caamaño, Herminia Caamaño

Yas Deluaces

Yas Deluaces é unha música e artista sonora de Mazaricos. Gaiteira e compositora, graduouse en belas artes e especializouse en arte sonoro en Barcelona. O seu traballo creativo versa sobre o imaxinario galego colectivo, sobre o rural e a realidade máxica destes dous mundos. A través da oralidade e a sonoridade da música popular e experimental conecta o folclore coa memoria atemporal, co decrecer para conectar con unha mesma e coa comunidade.

Anuska Fernández

Anuska fórmase en ballet, flamenco e jazz entre Madrid e Tenerife. Especialízase en Londres en Danza Contemporánea e Coreografía na Middlesex University e en Teatro Físico na Royal Holloway University of London. Como bailarina e coreógrafa presenta obras en teatros, museos e outros espazos alternativos. A través dos seus traballos busca contar historias mesturando realidade e ficción, o cotidiá e absurdo, o tráfico e o cómico. Interésanlle as persoas, as emocións, contradicións, a poesía no corpo, a loucura, a danza como mecanismo social.

Coñécense en Mazaricos e dende alí mesturan as súas formas, para crear este espectáculo de danza e música para a súa presentación no marco da celebración de Escora, involucrando tamén as persoas da comunidade.

Obradoiro

Obradoiro de movemento de Anuska Fernández aos coros de Cereixo e Carnés (Vimianzo)

Este obradoiro propón un espazo de experimentación, onde técnicas da danza contemporánea e do teatro dialogan para ofrecernos novas formas de movemento e expresión, co fin de descubrir unha linguaxe propia a través da improvisación, da escoita, do xesto, da voz e do son.

Web e redes sociais

WEB
@anuska_fernandes
@yasdeluaces

Compartir