Saltar ao contido
>

A Deputación subvenciona con 950.000 euros as actividades culturais das entidades sen fins de lucro en 2025

A Deputación subvenciona con 950.000 euros as actividades culturais das entidades sen fins de lucro en 2025

O Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión definitiva do programa FO203, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025. A administración provincial inviste 949.039 euros, repartidos entre 106 beneficiarios, que recibirán axudas de entre 3.000 e 27.000 euros.

As subvencións distribúense así:

  • 62 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria na provincia da Coruña: 607.972 €.
  • 15 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria tanto dentro como fóra da provincia da Coruña: 179.485 €.
  • 7 entidades veciñais e de tempo libre: 32.518 €.
  • 14 entidades socioeducativas: 77.383 €.
  • 8 entidades sociais e asistenciais: 51.678 €.

Formacións musicais
A administración provincial tamén aprobou a concesión definitiva, por un total de 195.377 euros, do programa FO214, de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato, para a realización de investimentos culturais en 2025. Serán 56 os beneficiarios, que recibirán axudas de entre 1.500 e 9.750 €.

A relación de beneficiarios das dúas liñas de subvencións pode consultarse no BOP do 31 de xullo.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’