Saltar ao contido
>

A Deputación apoia unha nova edición de CoruñArt para impulsar as industrias culturais e creativas 

A Deputación apoia unha nova edición de CoruñArt para impulsar as industrias culturais e creativas 

  • A II Feira das Industrias Culturais e Creativas celebrarase o 7 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña, con entrada gratuíta e novas oportunidades de encontro para os profesionais do sector.
  • A Deputación da Coruña colabora con esta iniciativa que promove a creación artística, a colaboración profesional e a visibilidade do talento cultural galego. 
  • A Coruña, 14 de outubro de 2026. – A Deputación da Coruña apoia unha nova edición de CoruñArt, a Feira das Industrias Culturais e Creativas, que regresará o vindeiro 7 de novembro ao Fórum Metropolitano da Coruña. O evento celebrará a súa segunda edición co obxectivo de fortalecer o sector cultural, favorecer novas colaboracións e achegar a creación artística á cidadanía. 

A deputada de Cultura, Natividade González, participou este mércores na presentación da iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación e do Concello da Coruña, onde destacou a importancia de apoiar iniciativas como CoruñArt, que contribúen a recoñecer a cultura como un sector estratéxico, xerador de emprego, actividade económica e oportunidades profesionais. «Apoiar as industrias culturais e creativas é apostar polo talento, pola innovación e pola capacidade da cultura para dinamizar o territorio. Desde a Deputación queremos contribuír a que as persoas profesionais do sector conten con espazos para compartir experiencias, establecer alianzas e dar visibilidade ao seu traballo», sinala a deputada. 

A feira manterá a súa vocación de reunir profesionais, empresas, entidades e público arredor das diferentes disciplinas artísticas e culturais, con espazos de encontro, formación e debate. Nesta segunda edición reforzaranse os encontros profesionais one to one, destinados a facilitar contactos directos, colaboracións e novas oportunidades de negocio. 

O evento contará tamén coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual, que achegará unha selección de obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo, e da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que contribuirá a dar visibilidade ás novas xeracións de profesionais das industrias creativas. 

Ademais, está aberto o prazo para que empresas e entidades sen ánimo de lucro vinculadas ao sector cultural soliciten un espazo expositivo no que presentar os seus proxectos, produtos e servizos. 

Compartir

Novas destacadas

O estudo de deseño do Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, gañadores da 2ª edición do premio “Luis Seoane” de deseño da Deputación 

A Deputación apoia unha nova edición de CoruñArt para impulsar as industrias culturais e creativas 

A Deputación celebra o III Culturgal Expandido, convertendo Muros “no epicentro cultural da comarca”