
Rut Balbís e Asociación Cultural Raigañas
Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado e dirixido por Rut Balvís durante os meses de abril, maio e xuño xunto co profesorado de AC Raigañas e as crianzas e adolescentes participantes.
Nesta peza queremos falar do mundo no que vivimos e de como o vemos nós, as/os adolescentes. Ás veces pensan que non estamos atentas ao que pasa ao noso redor, pero si que o estamos. Vemos os conflitos, os cambios na tecnoloxía e o reto do cambio climático. Todo iso preocúpanos, porque tamén formamos parte do mundo e do que está a pasar.
Pero tamén nos importan as cousas máis pequenas, que nos afectan cada día: as amizades, os cambios de humor, as dúbidas, o medo a equivocarnos e o futuro, que ás veces parece moi grande e difícil de entender.
Somos unha xeración que quere entender, que quere mellorar as cousas e que ten ganas de dar un xiro ao que non nos gusta.
Esta proposta é unha invitación a comezar de novo, a cambiar, a atreverse a facer as cousas doutro xeito. Porque nós non só formamos parte do cambio… somos o cambio.
Ficha artística
- Creación: Rut Balbis + AC Raigañas
- Bailan: Alba Novo, Sara Eiroa, Mara Varela, Uxía Varela, Sofía Nantón, Marco García, Candela Lema, Sara Castro, Claudia Castro, Paula Pérez, Noa Méndez, Carmela García, Noa García, Saray Rey, Mónica Novo, Zaira Ferro
Rut Balbis
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente en artes do movemento. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, formouse en danza contemporánea en The Place (Londres).
Dirixe dende 2004 a compañía Pisando Ovos, premiada no Certame Coreográfico de Madrid e presente en redes de teatros e festivais estatais e internacionais. Colabora habitualmente con destacadas compañías de teatro e danza como asesora e directora de movemento.
No 2019 recibiu o Premio da Crítica de Galicia e en 2023 o Premio María Casares á Mellor Dirección de Movemento.
A C Raigañas
A Asociación cultural Raigañas é unha Asociación sen ánimo de lucro que se creou no ano 1979. A A.C. Raigañas fundaméntase nos seguintes 4 pilares:
- Coidar, empregar e promover nos máis cativos o uso da nosa lingua galega.
- Coidar e manter vivo o legado cultural que nos deixaron os nosos ancestros e que forma parte da nosa identidade como galegos.
- Transmitir a cultura musical e oral ás novas xeneracións.
- Facilitar a relación entre nenas, nenos , mozas e mozos de diferentes concellos compartindo a música e o baile.
Dentro do seo da Asociación creouse unha Escola de baile e música tradicional que leva funcionando ininterrumpidamente 47 anos, nela apréndense bailes e cantigas tanto da Comarca de Bergantiños como de outras Comarcas de Galicia. Tamén vela por recuperar e manter as tradicións da súa parroquia e leva a cabo outro tipo de actividades co principal obxetivo de entreter e proporcionarlle ás socias e socios da asociación alternativas para aprender e para disfrutar.
O número de socias e socios da Asociación supera os 200. Pero benefícianse das actividades que desenrola a asociación máis de 600 persoas cada ano.
O grupo de pandeireteiras Raigañas ven de grabar o seu segundo disco. O grupo de pandeireteiras Raigañas, as vellas, poseen un amplo curriculum, participaron en varios festivais relevantes e colaboraron/an con artistas galegos coma: Mercedes Peón, Xabier Díaz, Luar na Lubre, Caamaño e Ameixeiras, Mari Carme.
Web e redes sociais
Compartir