Saltar ao contido
>

> Clara López Villar & Mikel Aristegui

Clara López Villar & Mikel Aristegui

Son libre | Espectáculo de rúa · 10 minutos

Despois dun paseo polo río en Nogueira de Ramuín, Clara e Mikel reflexionan sobre a liberdade dos paxaros e a de Clara cando se sente no escenario bailando.

Eses son os primeiros pasos de “SON LIBRE”, un dúo onde a cadeira de rodas de Clara é un mero obxecto e Mikel, cuberto de negro, é a imaxinación de Clara e a súa forma de voar en liberdade.

Cun texto orixinal escrito por Clara e unha composición musical que evoca ese paseo polo río, estes 10 minutos axúdannos a sumerxirnos no seu mundo e achegarnos á realidade doutras persoas.

Ficha artística

  • Unha peza de e con: Clara López Villar & Mikel Arístegui
  • Idea e realización: Mikel Arístegui
  • Textos: Clara López Villar
  • Voz: Noelia Toledano
  • Música: Gabor Csongradi

Clara López Villar

Como calquera persoa con diversidade, Clara atopou moitas dificultades na vida. Aos 12 anos comeza a interesarse polas artes escénicas traballando con Carlota Pérez na compañía Experimentadanza e en festivais como Diversos, Artes pola integración, Sacra Festival e Escena Mobile.

Formouse en deseño gráfico e continúa desenvolvendo proxectos de danza e artes escénicas, entre eles o dúo SON LIBRE de SIL Producciones, onde escribe un texto sobre a liberdade desde a súa perspectiva como persoa con parálise cerebral.

Mikel Arístegui

Formado na Folkwang Hochschule de Essen (Alemaña), foi premiado no Certamen Coreográfico de Madrid e desenvolveu máis de 45 producións propias como coreógrafo, intérprete e director.

Traballou en Alemaña, Suíza e España con compañías como Sasha Waltz & Guests, DV8 Physical Theatre e Sidi Larbi Cherkaoui, e continúa impulsando proxectos en Galicia como SIL Producciones e residencias artísticas no rural.

Obradoiro

Corpos en movemento: xeografías do sentir

Obradoiro de danza como forma de expresión para todo tipo de corpos e posibilidades.

Trabállase a autopercepción do corpo e a comunicación a través do movemento, proporcionando ferramentas para experimentar e desenvolver o potencial individual.

Créase un espazo seguro onde o contacto físico e emocional permite construír paisaxes de liberdade e respecto.

Espazo seguro para o colectivo LGTBIAQ+

Web e redes sociais

Web oficial
@soy_clara_9
@mikelaristegui
@sil_producciones

Compartir