Saltar ao contido
>

Ciclo Músicas Posíbeis: Sangre de Muérdago

Ciclo Músicas Posíbeis: Sangre de Muérdago

Sangre de Muérdago é unha das propostas máis singulares da música galega contemporánea.  Cantando integramente en galego e combinando instrumentos tradicionais e históricos con composicións de forte carga poética e atmosférica, o grupo constrúe unha sonoridade propia que dialoga coa tradición, a natureza, a memoria e a espiritualidade.  Tras case dúas décadas de traxectoria internacional e actuacións en Europa, Norteamérica e Asia, o cuarteto presenta un repertorio que transforma cada concerto nunha experiencia íntima, evocadora e profundamente emocional.

Pablo Caamiña

Georg Börner

Xoel López

Saúl Nogareda

Duración: Aproximadamente 75-90 minutos

Asiste ao evento

Compartir