Saltar ao contido
>

Ciclo Músicas Posíbeis: Anfibia por veces, Antía Muíño

Ciclo Músicas Posíbeis: Anfibia por veces, Antía Muíño

Co seu novo disco Anfibia por veces, Antía Muíño consolídase como unha das voces máis singulares da nova música galega. A súa proposta transita con naturalidade entre a canción de autora, o jazz-pop e a tradición oral, construíndo un universo sonoro delicado e contemporáneo no que conviven a intimidade das composicións propias e a forza expresiva do canto tradicional.  No escenario, Antía acompáñase dunha formación integrada por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida, catro intérpretes que crean un diálogo musical rico en matices, onde a voz, a percusión, os ventos e o contrabaixo se poñen ao servizo dun repertorio que explora novas formas de entender a música galega desde a creación actual.

Antía Muíño (voz, guitarra clásica e pandeireta)

Miguel Arribas (ventos)

Ton Risco (percusións)

Yudit Almeida (contrabaixo)

Duración: 70 minutos

Asiste ao evento

Compartir