Saltar ao contido
>

Sol Fuerza

Sol Fuerza

Sinopse

SOL FUERZA é unha farsa teatral inspirada en feitos reais que combina humor, documento escénico e teatro para reflexionar sobre o impacto dos grandes proxectos industriais e enerxéticos nas persoas e no territorio. A partir das historias dun estafador austríaco e dun inventor galego de adopción, a obra constrúe un relato que conecta pasado e presente para cuestionar as promesas do progreso. Con retranca, ritmo e unha coidada linguaxe escénica, o espectáculo aborda temas como a explotación dos recursos, a transformación da paisaxe, a despoboación e os intereses económicos que condicionan a vida das comunidades. Entre a ficción e o documento, SOL FUERZA propón unha mirada crítica e chea de humor sobre a memoria colectiva e os desafíos sociais e ambientais do noso tempo.

Ficha Técnica

  • Formato: Espectáculo teatral
  • Título: SOL FUERZA
  • Compañía: aAntena S.C.
  • Dirección: Xosé Leis
  • Dramaturxia: Bernardino Martínez
  • Elenco: Lucía Veiga Manu Fernández Virxinia Bermúdez
  • Duración: 80 minutos
  • Público: Adulto.

Sesións

  • Noia: Teatro Coliseo de Noia, 03/10/26 – 20:30h
  • Ordes: Casa da Cultura, 06/11/26 – 20:00h

Asiste ao evento

Compartir