- Artes escénicas
Esperta o Rinoceronte
- Data
- 16/10/2026
- 20/11/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Artes escénicas
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicaciones
- Dirección
Sinopse
Esperta o rinoceronte é un espectáculo de teatro de monicreques que convida a mirar o mundo cos ollos da infancia para reflexionar sobre a igualdade, a xustiza e o compromiso coas persoas máis vulnerables. A protagonista é Bambú, unha nena que aprende da súa avoa que as cousas verdadeiramente importantes non sempre son as que máis brillan. A través dunha viaxe marcada pola esperanza e pola capacidade de transformar a realidade, descubrirá que todas as persoas levan dentro un rinoceronte: unha voz interior que impulsa a actuar fronte ás inxustizas e a non permanecer indiferentes. Combinando teatro de monicreques, interpretación, música orixinal e narración, a obra aborda con sensibilidade cuestións como o traballo infantil, a desigualdade e a responsabilidade colectiva, ofrecendo unha experiencia poética e esperanzadora para público familiar.
Ficha Técnica
- Formato: Espectáculo de teatro de monicreques
- Título: Esperta o rinoceronte
- Compañía: Nao Caracola
- Actriz-titiriteira: Marián González
- Dirección: Manuel Román
- Dramaturxia: Manuel Román e Marián González
- Música orixinal: Jesús Lana Celaya
- Duración: 40 minutos
- Idioma: Galego
- Público: Todos os públicos, especialmente recomendado a partir dos 6 anos.
Sesións
- Curtis: Salón de usos múltiples de Teixeiro, 16/10/26 – 17:00h
- Fene: Salón de Actos do concello, 23/10/26 – 19:00h
- Dumbría: Casa Cultural de Olveira, 30/10/26 – 18:00h
- Moeche: Centro Cultural Francisco Piñeiro, 08/11/26 – 12:00h
- Melide: Centro Sociocultural Mingos de Pita, 20/11/26 – 12:00h
Asiste ao evento
Compartir