Saltar ao contido
>

Rato Pérez

Rato Pérez

Sinopse

Rato Pérez é un espectáculo familiar que reinventa o coñecido personaxe recolle-dentes a través dunha aventura chea de humor, acción e fantasía. Cada noite, Rato Pérez cumpre unha misión moi especial: recoller os dentes que as nenas e os nenos deixan debaixo da almofada. Pero nesta ocasión enfróntase a un problema inesperado: o lugar onde garda todos eses dentes está a quedar pequeno. Na procura dunha solución, terá que superar desafíos, descubrir novos aliados e demostrar que incluso os heroes máis pequenos poden atopar grandes respostas. Con interpretación, monicreques, música orixinal e unha boa dose de comicidade, o espectáculo mergulla o público no universo do personaxe máis querido da infancia, reivindicando unha tradición que forma parte do imaxinario de varias xeracións.

Ficha Técnica

  • Formato: Espectáculo familiar
  • Título: Rato Pérez
  • Compañía: A Xanela do Maxín
  • Autoría e dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo
  • Interpretación: Celtia Figueiras e Xosé Breijo
  • Monicreques: Marcelo P. Fernández
  • Música orixinal: Pedro González
  • Duración: 50 minutos
  • Público: Infantil e familiar, recomendado a partir de 3 anos.

Sesións

  • Cabana de Bergantiños: Auditorio Municipal, 18/10/26 – 18:00h
  • A Laracha: Casa da Cultura, 21/10/26 – 18:00h
  • As Pontes de García Rodríguez: Cine Alovi, 22/10/26 – 18:00h
  • Lousame: Casa da Cultura, 08/11/26 – 18:00h
  • Carnota: Auditorio do Viso, 13/11/26 – 19:00h

Asiste ao evento

Compartir