Saltar ao contido
>

O arcón de Noa

O arcón de Noa

Sinopse

O arcón de Noa é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que convida a entrar nun universo de maxia, fantasía e imaxinación. Noa é unha nena que vive coa súa nai e sente que os seus xoguetes xa perderon a capacidade de sorprender. Pero un día, sen pretendelo, abre a porta dun mundo extraordinario: un arcón onde os xoguetes cobran vida e un misterioso personaxe goberna un reino cheo de aventuras. A través da danza, a música, os obxectos e unha coidada posta en escena, Noa descubrirá o valor da amizade, da cooperación e da aceptación do diferente. Con varias capas de lectura para pequenas e grandes, o espectáculo propón unha experiencia visual e emocional que estimula a creatividade e reivindica a forza da imaxinación como ferramenta para comprender e transformar o mundo.

Ficha Técnica

  • Formato: Espectáculo de danza
  • Título: O arcón de Noa
  • Compañía: Amarelo
  • Idea orixinal: Lilian Portela
  • Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
  • Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
  • Música orixinal: Bruno Baw
  • Duración: 40 minutos
  • Público: Infantil e familiar, recomendado a partir de 3 anos.

Sesións

  • Zas: Auditorio Municipal de Baio, 18/11/26 – 12:30h
  • Cerceda: Auditorio de Cerceda, 29/11/26 – 12:30h

Asiste ao evento

Compartir