- Música
Remelexo
- Data
- 18/09/2026
- 14/11/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Música
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicacións
- Dirección
Sinopse
Remelexo é un espectáculo que combina música, narración oral e proxección audiovisual para contar unha historia de emigración entre Galicia e Brasil. A través da figura de Diniña, unha muller obrigada a cruzar o Atlántico na procura dun futuro mellor, Baraza constrúe unha viaxe onde as músicas tradicionais galega e brasileira dialogan coa memoria, a lingua e a experiencia compartida de quen tivo que marchar. Máis ca un concerto, Remelexo é unha experiencia escénica participativa na que a música, a palabra e a imaxe se entrelazan para crear un relato vivo. A frauta, o acordeón diatónico, a voz e a narración acompañan unha historia que evoluciona coa complicidade do público, convidándoo a formar parte do propio espectáculo.
Ficha Técnica
- Formato: Concerto escénico
- Grupo: Baraza
- Espectáculo: Remelexo
- Intérpretes: Alberte (acordeón diatónico) Uxía (frauta e voz)
- Duración: (non indicada no dossier)
- Idioma: Galego
- Público: Xeral.
Sesións
- Camariñas: Biblioteca Municipal de Camariñas, 18/09/26 – 18:00h
- Mazaricos: Auditorio da casa da Cultura da Picota, 27/09/26 – 17.00h
- Zas: Torres do Allo, 04/10/26 – 18.30h
- Porto do son: Casa da Cultura, 17/10/26 – 20.00h
- Ares: Alianza Aresana, 24/10/26 – 20.00h
- Corcubión: Auditorio da Casa da Cultura, 25/10/26 – 18.00h
- Mañón: Abeiro do Sor, 07/11/26 – 18:00h
- Santa Comba: Auditorio Multiúsos, 14/11/26 – 21.30h
Asiste ao evento
Compartir