Saltar ao contido
>

Salvaxe, salvaxe

Salvaxe, salvaxe

Sinopse

SALVAXE, SALVAXE é un filme-ensaio que percorre as chamadas terras de lobo de Galicia e Portugal para explorar a relación entre as persoas, os animais e a paisaxe que comparten. A través dunha proposta visual e sonora de grande forza poética, o documental convida a observar os rastros da vida salvaxe e a descubrir unha forma diferente de habitar e interpretar o territorio. Máis alá da reflexión sobre o lobo, a película propón unha mirada renovada cara aos ecosistemas e á biodiversidade, reivindicando a necesidade de recoñecernos como parte da natureza. Cada proxección complétase cun encontro co equipo do filme, favorecendo o diálogo arredor da ecoloxía, a creación audiovisual e os desafíos ambientais do presente.

Ficha técnica

  • Formato: Proxección documental con presentación e coloquio.
  • Título: SALVAXE, SALVAXE
  • Dirección: Emilio Fonseca Martín
  • Produción: Animala e Xiana do Teixeiro
  • Xénero: Documental · Ensaio cinematográfico
  • Ano: 2024
  • Duración do filme: 86 minutos
  • Duración da actividade: 100-120 minutos (proxección, presentación e coloquio)
  • Público: Todos os públicos
  • Idioma: Galego
  • Recoñecementos: Premio á Mellor Longametraxe Documental no Festival de Málaga, Premio ao Mellor Documental en Play-Doc e selección en destacados festivais internacionais

Sesións

  • Carral: Casa da Cultura, 24/09/26 – 20:00h
  • Neda: Casa da Cultura, 25/09/26 – 20:30h
  • As Pontes de García Rodríguez: Casa Dr Dopeso, 15/10/26 – 20:00h
  • Cedeira: Auditorio Municipal, 16/10/26 – 12:00h
  • A Pobra do Caramiñal: Teatro Cine Elma, 16/10/2026 – 20.00h
  • Cerceda: Auditorio Municipal, 22/10/26 – 12:00h
  • Dodro: Salón de actos centro escolar CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, 23/10/26 – 12:00h
  • Noia: Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, 23/10/26 – 20:00h
  • Santa Comba: Auditorio Multiúsos, 24/10/26 – 21:00h

 

 

 

 

 

Asiste ao evento

Compartir