Saltar ao contido
>

Crónicas da Galiza Mártir

Crónicas da Galiza Mártir

Sinopse

Crónicas da Galiza Mártir é unha longametraxe documental que recupera a memoria das vítimas da represión franquista en Galicia a través de máis de setenta testemuños de persoas represaliadas, familiares, investigadores e protagonistas da memoria democrática. O filme aborda con rigor histórico e sensibilidade humana as consecuencias do golpe de Estado de 1936, ofrecendo unha reflexión sobre a violencia política, a memoria colectiva e a defensa dos valores democráticos. Cada proxección complétase cunha presentación e un coloquio co director Xan Leira e unha persoa especialista convidada, convertendo a actividade nun espazo para o diálogo e a reflexión compartida arredor da memoria histórica e dos dereitos humanos.

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental con presentación e coloquio
  • Título: Crónicas da Galiza Mártir
  • Guión, dirección e produción executiva: Xan Leira
  • Duración: Longametraxe documental
  • Intervención posterior: Coloquio con Xan Leira e unha persoa especialista convidada
  • Público: Xeral (especialmente recomendado para persoas interesadas na historia contemporánea e na memoria democrática)

Sesións

  • Ponteceso: Museo de Corme, 12/09/2026 – 19.00h
  • Carral: Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura, 08/10/2026 – 20.00h
  • Fene: Salón de Actos da Casa da Cultura, 22/10/26 – 18.00h
  • Zas: IES Maximino Romero Lema de Baio, 04/12/2026 – 12.00h

Asiste ao evento

Compartir