Xornadas XXVI: “Paisaxes Liminais”
Xornadas XXVI: “Paisaxes Liminais”
Coordinación: María Serrano
Unha xornada que reúne artistas, investigadoras e colectivos para explorar o arquivo como un espazo vivo de creación e transformación. A través de prácticas vinculadas á memoria, o son, o corpo e o territorio, o encontro propón activar relatos e sensibilidades que quedaron fóra das narrativas hexemónicas e abrir novas formas de coñecemento e escoita crítica.
PROGRAMA
- 12:00 — Xoán-Xil López + Outonía + Txema González (conversa)
- 14:00 — Sarah Ardite pres. N’écoutez pas la musique des noirs: desarquivando os sons de Haití (conversa/sesión de escoita)
- 15:00 — Xantar popular / reservas 5€ en: info.codexclub@gmail.com
- 16:00 — Luigi Monteanni pres. Empty Media, Spirit Media: On Archival Black Boxes (conversa)
- 17:30 — Femke Dekker pres. Open Field (ensaio sonoro)
- 18:30 — CHAPA (colaxes sonoras)
- 19:30 — Ambient Gaza pres. Gaza soundmapping project (sesión de escoita e instalación) e conversa con Hossam Madhoun
- 20:30 — NIKA SON (concerto)
- 21:30 — LOMA DOOM (dj set)
PERSOAS E COLECTIVOS PARTICIPANTES
- Ambient Gaza: Proxecto de investigación e procesamento sonoro centrado na preservación e difusión da memoria ambiental e o patrimonio sonoro de Palestina.
- Femke Dekker: Curadora, docente e investigadora especializada en prácticas editoriais e arquivos sonoros desde unha perspectiva crítica.
- Luigi Monteanni: Etnomusicólogo e investigador enfocado no análise de tradicións sonoras híbridas, medios dixitais e rexistros de campo.
- Nika Son: Artista sonora e compositora (actuación / concerto en directo).
- Sarah Ardite: Investigadora independente focada nas xenealoxías sonoras das marxes e na xestión do son como ferramenta de resistencia cultural.
- Txema González: Xestor e investigador especializado na recuperación e conservación de arquivos de música experimental e documentos sonoros efímeros.
- Outonía: Colectivo e plataforma dedicada á exploración da memoria oral e da paisaxe sonora no ámbito galego.
- Xoan Xil: Artista sonoro e musicólogo con ampla traxectoria no eido da fonografía, a gravación de campo e o deseño acústico.
- Chapa: Proxecto musical e artístico (concerto de peche / clausura).
Ligazóns de interese
Compartir