Saltar ao contido
>

Concerto Cheny Wa Gune (10 aniversario Fran Pérez NARF)

Concerto Cheny Wa Gune (10 aniversario Fran Pérez NARF)

Sinopse

Cheny Wa Gune é un músico, compositor, construtor de instrumentos tradicionais e investigador mozambicano especializado na timbila, instrumento declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. O seu espectáculo combina a tradición musical de Mozambique coa creación contemporánea, integrando timbila, percusións e outros instrumentos tradicionais con linguaxes actuais nunha proposta escénica de gran forza rítmica e visual. Con máis de dúas décadas de carreira, Cheny Wa Gune converteuse nun dos principais divulgadores da música tradicional mozambicana, actuando en festivais e auditorios de Europa, África, Asia e América Latina e colaborando con artistas de referencia da escena internacional.

Ficha Técnica

  • Modalidade: Música
  • Formato: Concerto
  • Artista: Cheny Wa Gune
  • País: Mozambique
  • Público: Xeral.

Sesións

  • Rianxo: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, 26/9/2026 – 20:30h
  • Ordes: Casa da Cultura, 1/10/2026 – 20:00h
  • Muros: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, 2/10/2026 – 20:30h
  • Boiro: Pazo de Goiáns, 3/10/2026 – 21:00h
  • Corcubión: Auditorio da Casa da Cultura, 4/10/2026 – 20:00h

Asiste ao evento

Compartir