Cultura para a vida mellor
Cultura para a vida mellor
A cultura é relación, coñecemento, construción de civismo e de xeitos de estar na vida e no mundo. Unha ferramenta de formación e transformación para a vida mellor.
Que é Cultura para a vida mellor
Cultura para a vida mellor é unha liña de traballo da Área de Cultura da Deputación da Coruña orientada a recoñecer e apoiar proxectos e entidades que, desde a cultura, traballan e contribúen á mellora social.
Desenvólvese a partir dun certame anual dirixido a cooperativas, empresas e entidades lucrativas que desenvolven proxectos culturais con enfoque social. Compleméntase con encontros de traballo con axentes no territorio e cunha liña de publicacións que divulga as iniciativas e as reflexións teóricas ao redor da acción cultural como ferramenta de transformación.
Certame “Fondo de apoio a proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social”
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase logo da publicación do extracto da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións:
Modalidade A
- Inicio: 30 de marzo de 2026, ás 08:00 horas.
- Fin: 30 de abril de 2026, ás 14.00 horas.
Modalidade B
- Inicio: 1 de marzo de 2027, ás 08:00 horas.
- Fin: 31 de marzo de 2027, ás 14.00 horas.
Edición 2025
Bases
Xurado
Concesión
Edición 2026
Bases
Xurado
Concesión
Gañadores das últimas edicións
Convocatoria
Persoas ou entidades gañadoras
Proxecto
I Certame Fondo de Apoio a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social