Saltar ao contido

Códice Feminino

Presentado

Colaboran

Proxecto de divulgación histórica e cultural que busca recuperar e dar visibilidade a seis mulleres relevantes do Reino Medieval de Galiza a través de formatos audiovisuais adaptados ás novas formas de consumo cultural. A iniciativa combina rigor historiográfico, perspectiva de xénero e linguaxes propias das redes sociais para achegar a historia medieval galega a públicos novos e diversos.

O proxecto materializouse na creación de doce pezas audiovisuais: seis vídeos breves en formato vertical para Instagram e TikTok e seis vídeos de maior duración para YouTube. As protagonistas aparecen nunha conversa ficcionada cunha “viaxeira no tempo”, nun espazo ambientado na época medieval, combinando información histórica con un ton próximo e actual. Ademais, realizáronse sesións fotográficas e infografías divulgativas que complementan os contidos audiovisuais e facilitan a comprensión das biografías presentadas.

A proposta céntrase en figuras femininas que tiveron relevancia na historia de Galiza e que, en moitos casos, quedaron relegadas nos relatos tradicionais. O seu obxectivo principal é achegar a historia medieval galega desde unha perspectiva de xénero, transformando contidos académicos en materiais accesibles, atractivos e adaptados aos hábitos de consumo dixital actuais. Ao mesmo tempo, pretende fomentar o interese pola memoria histórica galega e promover a reflexión sobre o papel das mulleres ao longo da historia.

Complementariamente, o proxecto contempla accións divulgativas en centros educativos e unha estratexia de difusión baseada nas redes sociais, favorecendo a creación dunha comunidade interesada na historia e no patrimonio cultural de Galiza. A iniciativa destaca tamén polo seu compromiso coa accesibilidade, a sustentabilidade e a promoción do talento creativo galego, tanto no ámbito audiovisual como no musical e artístico.

Máis Información

O proxecto nas redes

Vídeo en Youtube
Vídeo en Youtube
Vídeo en Youtube
Vídeo en Youtube
Vídeo en Youtube
Vídeo en Youtube
Publicación en Instagram
Publicación en Instagram
Publicación en Instagram
Publicación en Instagram
Publicación en Instagram
Publicación en Instagram

O proxecto nos medios

Compartir