Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia





Suevos e Galaicos. As orixes do Reino de Galicia
Presentado
- NOSO Plans e Proxectos S.C.G.
Colaboran
- EspazoCoop A Sombra Producións Arumelabs S.C.G. Rexenerando S.C.G. SÍNCRISIS grupo de investigación da USC Concello Caldas de Reis
Proxecto de divulgación histórica centrado na orixe do Reino Suevo de Galicia, formulado arredor dun xogo de mesa de cartas con vocación lúdica, didáctica e familiar. Cunha mecánica sinxela, accesible para todos os públicos, o xogo busca espertar o interese pola historia medieval de Galicia mediante a interacción con cartas que representan personaxes históricos, grupos sociais, obxectos, lugares, crenzas e elementos culturais relevantes da época.
O proxecto fundaméntase nun enfoque rigoroso e divulgativo que se reflicte tanto no deseño das dinámicas como na estética visual e na narrativa das cartas. A experiencia de xogo sitúase no contexto da descomposición do Imperio Romano e as invasións xermánicas, onde as persoas xogadoras deberán consolidar o Reino Suevo de Galicia mediante estratexias políticas, relixiosas, económicas e militares.
Para ampliar o alcance do xogo, o proxecto complétase con dous produtos asociados:
- Unha web complementaria, na que se ofrece contexto histórico, fichas explicativas de cada carta, recursos visuais e elementos interactivos como infografías, animacións ou visores 3D. A web inclúe códigos QR nas propias cartas para vincular contidos específicos e reforzar a aprendizaxe transversal.
- Unidade didáctica, pensada para centros educativos, bibliotecas e entidades culturais, co obxectivo de facilitar o uso pedagóxico do xogo como ferramenta de apoio ao currículo. Os materiais promoven o coñecemento histórico dende unha perspectiva de xénero, inclusiva e accesible.
O proxecto diríxese principalmente a un público galego de entre 15 e 44 anos, con especial foco en persoas interesadas na historia e nos xogos de mesa. A distribución prevese en librarías, tendas especializadas, museos, oficinas de turismo e online. O deseño e produción das cartas fíxose con criterios de sustentabilidade e impacto local, empregando materiais ecolóxicos e procesos galegos.
Máis Información
O proxecto nos medios
Compartir