Saltar ao contido
>
>

Pio Latrocinio. Crónica do maior roubo do cristianismo, acontecido no Reino de Galicia

Pio Latrocinio. Crónica do maior roubo do cristianismo, acontecido no Reino de Galicia

Presentado

Colaboran

Documental animado dirixido a narrar un dos episodios máis sorprendentes e pouco coñecidos da historia do cristianismo, acontecido no corazón do Reino de Galicia.

A historia xira arredor do roubo das reliquias de santos como San Fructuoso, San Cucufate, San Silvestre e Santa Susana por parte do entón bispo Diego Xelmírez durante a súa viaxe a Braga no ano 1102.

A súa acción, planificada con meticulosidade, culminou cun recibimento multitudinario na catedral de Santiago e consolidou a cidade como un dos tres centros cristiáns máis importantes da época, xunto con Roma e Xerusalén.

O documental combina entrevistas a historiadores especializados coa animación multitécnica inspirada na estética dos códices medievais.

Esta técnica, xa utilizada polo director Fernando Cortizo en obras como O Apóstolo, permite achegar o relato histórico a públicos de todas as idades, mantendo sempre o rigor académico.

Ademais de animacións, incluíronse imaxes reais dos espazos onde sucederon os feitos, conectando pasado e presente.

O proxecto nace como episodio piloto dunha serie para divulgar a historia oculta e fascinante do Reino de Galicia en clave didáctica, con especial interese en chegar á mocidade e ao ámbito educativo.

“Pio Latrocinio” abre así un camiño para futuros capítulos sobre episodios como as revoltas irmandiñas ou o asasinato do arcebispo Suero de Gómez, contribuíndo a rescatar e compartir unha parte esquecida da nosa memoria colectiva.

Máis Información

O proxecto nos medios

Compartir