Saltar ao contido
>
>

O Rei Afonso VIII de Galicia pola Costa da Morte

O Rei Afonso VIII de Galicia pola Costa da Morte

Presentado

Colaboran

Recreación, a través das artes escénicas, do percorrido realizado polo monarca en 1223 pola Costa da Morte, centrado nas etapas entre Cereixo, Serantes e Lendo.

A iniciativa combinou teatro histórico, metateatro, música e narración oral, ofrecendo unha inmersión na vida e nos conflitos políticos e sociais do Reino de Galicia durante a Baixa Idade Media.

Na primeira etapa, ambientada en Cereixo (Camariñas e Vimianzo), representouse a chegada do rei e o seu encontro co bispo de Mondoñedo e o conde de Traba, onde se escenificou a sinatura de doazóns a mosteiros e a súa mediación nun conflito eclesiástico entre Compostela e Mondoñedo.

Na segunda, xa en Soesto e Serantes (Laxe), o rei atopaba lavandeiras que simbolizaban o papel da muller na época, mentres se representaban escenas da vida cotiá, conflitos sucesorios e un espectáculo de marionetas no que, a través dun cego narrador, se relataban os fitos da familia Froilaz-Traba.

A terceira etapa, en Lendo (Laracha), levou ao espectador a un plano onírico onde o rei, extenuado pola viaxe, soña cun encontro co seu avó, Afonso VII. A través desta conversa, escenificáronse momentos clave da historia galega: a infancia do rei no mosteiro de Moraime baixo a protección de Pedro Froilaz, a alianza entre este e Xelmírez e a coroación de Afonso VII en Santiago.

O uso do metateatro, os cantares de cego e os títeresachegou o público á historia desde unha perspectivapróxima, didáctica e emocional. O proxecto puxo en valor olegado esquecido da familia Traba e recuperou a memoria doúltimo rei que gobernou Galicia como entidade diferenciada.

Máis Información

O proxecto nos medios

www.lavozdegalicia.es

Compartir