Saltar ao contido
>
>

O Panteón Real de Compostela: A alianza do Regnum e o Sacerdotium para a configuración dun templo nacional

O Panteón Real de Compostela: A alianza do Regnum e o Sacerdotium para a configuración dun templo nacional

Presentado

Colaboran

O proxecto busca poñer en valor a importancia do Panteón Real da Catedral de Santiago, un espazo infravalorado ata o momento, pero clave para comprender a alianza estratéxica entre a Igrexa compostelá e a monarquía da dinastía Borgoña durante os séculos XII e XIII.

Esta unión de poderes contribuíu á configuración da catedral como templo nacional do Reino de Galicia, converténdose non só nun símbolo relixioso, senón tamén político e identitario.

A través de diferentes accións, o proxecto pretende difundir a relevancia histórica de figuras como Fernando II e Afonso VIII, protagonistas na expansión urbana, o desenvolvemento do galego escrito e a consolidación institucional do Reino.

Estes monarcas, impulsores de cartas forais e benefactores da Sé, foron tamén soterrados na Capela dos Reis, nun espazo que pasara inadvertido para boa parte do público visitante.

O proxecto inclúe a publicación dun catálogo con estudos de Ramón Yzquierdo Peiró e Anselmo López Carreira, a edición dun folleto divulgativo, a creación dunha sección específica na web do museo con contido multimedia e modelos 3D, e unha serie de vídeos curtos para redes sociais e plataformas como YouTube ou Vimeo.

Ademais, levouse a cabo unha exposición virtual en Google Arts & Culture e deseñouse un programa educativo con visitas guiadas e materiais adaptados para centros escolares, que tivo unha excelente acollida entre o alumnado.

Con este proxecto, de forte carga didáctica e inclusiva, refórzase o papel do patrimonio como ferramenta de aprendizaxe e identidade, ao tempo que reivindica un capítulo fundamental e, ata agora, pouco visibilizado da historia medieval galega.

Máis Información

O proxecto nos medios

Compartir