Os vestixios do Reino de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela
Os vestixios do Reino de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela
Presentado
- Martela Films S.L.
Colaboran
- Rosa Taboada Melania Cruz Rocío sánchez ameijeiras
Os Vestixios é unha curtametraxe que mestura ficción e documental para explorar os restos medievais da Catedral de Santiago de Compostela.
Protagonizada pola actriz Melania Cruz e a profesora de arte Rocío Sánchez Ameijeiras, a curtametraxe destaca o papel das mulleres no patrimonio da catedral, tanto na súa representación artística como no seu legado histórico.
Dirixida por Rosa Taboada, a curtametraxe emprega unha narrativa visual inspirada no documental de Werner Herzog “A cova dos soños esquecidos”, utilizando unha iluminación mínima e sons ambientais típicos da época medieval para crear unha atmosfera inmersiva.
O proxecto contou co asesoramento de expertos como Anselmo López Carreira, Francisco Prado-Vilar e Ramón Yzquierdo Peiró, así como cunha investigación en profundidade sobre o Reino medieval de Galicia e figuras clave como Serafín Moraljo Álvarez.
A rodaxe, que se levou a cabo pola noite cun equipo reducido, realizouse en zonas exclusivas da catedral, como a cripta do Pórtico da Gloria.
A propia directora supervisou a montaxe e a produción, garantindo a cohesión artística e narrativa. A película, de 20 minutos de duración, foi estreada por Numax o 30 de novembro de 2022.
O proxecto nos medios
Compartir